sábado, 4 de xuño de 2016

Naipes + Diario de Sesións

NAIPES C (España no século XIX)

Por Sergio HS, Tamara PC, Daniel PO y María PF.

NOTA: Está como en tres "partes" distintas porque o primeiro día comezamos os naipes en tres documentos diferentes.

Na primeira sesión elaborei tres naipes, xa que non me deu tempo a máis, pois non tiñamos nada preparado e tivemos que acostumarnos a como era o traballo. Por iso, en casa tiven que buscar información e ter preparadas algunhas búsquedas para que o día siguiente puidera aproveitar o tempo o máximo posible e elaborar os naipes restantes.
Na segunda sesión, como xa tiña algunha información preparada de casa (como indiquei no parágrafo anterior), fun mais rápido á hora de elaborar ás cartas do timeline. Ademais, estiven traballando con María, que se axudaba dunha tablet para poder buscar imaxes e ir pasándome as mesmas por correo electrónico. Conseguimos elaborar 10 naipes nese día.
Teño que destacar que, dalgunhas pinturas, foi bastante custoso atopar o autor (concretamente en dúas, una delas a fixeron María e Tamara o primeiro día e a outra, María máis eu o segundo), polo que tivemos que poñer que eran anónimas. Aínda así, sabemos que ambas son fiables porque aparecían en bastantes páxinas.

domingo, 6 de marzo de 2016

Vídeo / Diario de Aprendizaxe - Tarefa

VÍDEO

CADERNO DE APRENDIZAXE
O venres 26 foi o noso primero día de proxecto, no que fumos á aula de informática para buscar o material que pódese ver no vídeo. Eu encargeime, xunto coa miña compañeira Paula, dos documentos da parte da Pragmática Sanción. De feito, conseguimos atopar a edición nomeada da Gaceta de Madrid despois dunha intensa búsqueda na web. Podedes ver un fragmento dela no mesmo vídeo.
O segundo día día cubrimos a actividade inicial da tarefa para poder despois realizar a parte final do vídeo (a cronoloxía e o vocabulario), axudándonos do que cada un puxera no exercicio.
O tercer día da tarefa gravamos as voces en off do vídeo. Levounos máis tempo do esperado, pois as persoas que tiñamos que gravar a parte da Prágmatica Sanción non podíamos parar de rir por unha parte do texto. Polo que, ao final, nós nos encargamos de gravar o audio do capítulo "Alfonso XII. Un Pipiolo Restaurador".
O último día de traballo en clase do proxecto, o venres 4 de marzo, avanzamos na creación do vídeo deixando as imaxes colocadas no momento en que tiñan que aparecer. Quedamos en que os meus compañeiros/as facilitaríanme o material que precisara para eu terminar o vídeo hoxe.
Creo que o produto final quedou bastante ben, aínda que dura un chisquiño máis do que esperabamos, pero creo que non se fai demasiado pesado para o que é, un vídeo de historia.

venres, 20 de novembro de 2015

Tarefa Integrada UD 2 (Act. Nº 22)

DOCUMENTO:

"Una de las ideas que más me ocuparon había sido la reunión, la concentración de los mismos pueblos geográficos que las revoluciones y la política han disuelto y dividido; de manera que contándose en Europa más de treinta millones de franceses, quince de españoles, quince de italianos y treinta de alemanes, hubiera querido hacer de cada uno de estos pueblos un solo cuerpo de nación (...); ¡Yo me juzgaba digno de tamaña gloria! (...) En tal estado de cosas podía haber más probabilidades de conseguir en todas partes la unidad de códigos, de principios, opiniones, sentimientos, ideas e intereses. Acaso entonces, con el apoyo de las luces universalmente extendidas, hubiera sido permitido soñar la gran familia europea (...)." Nadie podría negar que si, al entrar en España, Austria, en vez de declararme la guerra, me hubiese dejado cuatro meses de estancia en España, todo hubiese terminado allí y en tres o cuatro años se habría visto una paz profunda, una prosperidad brillante, y una nación compacta (...). Como quiera que sea, esta reunión (la de Europa) se hará tarde o temprano (...) el impulso está ya dado, y no creo que después de mi caída y la aparición de mi sistema pueda haber en Europa otro gran equilibrio que la reunión y la confederación de los grandes pueblos."

CLASIFICACIÓN:
  • Natureza do texto: Histórico-literario porque ten que ver coas vivencias do propio Napoléon, pois fala de que, se ao chegar a España, non se enfrontaran contra el, o futuro sería mellor y máis tranquilo.
  • Tipo de fonte: Primaria, xa que é un texto bastante subxectivo, pois conta de primeira mano os acontecementos sobre os que logo expresa a súa opinión e o que puidera suceder. 
  • Circunstancias espazo-temporais: Foi escrito en 1816 en Santa Elena (unha illa no sur do Océano Atlántico), xa que foi recluido alí despois de ser derrotado polos británicos na Batalla de Waterloo.
  • Autoría: Napoleón Bonaparte, pois o texto fala de revolucións e política que dividen. Tamén fai alusión a países europeos (Francia, España, Italia e Alemaña), ademais de que Austria declaroulle a guerra ao entrar en España.
  • Tema/idea principal: Fala de que, se houberan deixado que Napoleón se quedara en España, en tres o cuatro años a orde e a paz sería restaurada grazas a unha ''reunión'', baixo o seu mandato entre países europeos. Pero posto que isto non sucedeu así, di que esa ''reunión'' (anticipando o que coñecemos actualmente como Unión Europea) farase tarde o temprano sen el, e non estaba equivocado.

Napoleón Bonaparte en la isla de Santa Elena.

BIBLIOGRAFÍA: