domingo, 6 de marzo de 2016

Vídeo / Diario de Aprendizaxe - Tarefa

VÍDEO

CADERNO DE APRENDIZAXE
O venres 26 foi o noso primero día de proxecto, no que fumos á aula de informática para buscar o material que pódese ver no vídeo. Eu encargeime, xunto coa miña compañeira Paula, dos documentos da parte da Pragmática Sanción. De feito, conseguimos atopar a edición nomeada da Gaceta de Madrid despois dunha intensa búsqueda na web. Podedes ver un fragmento dela no mesmo vídeo.
O segundo día día cubrimos a actividade inicial da tarefa para poder despois realizar a parte final do vídeo (a cronoloxía e o vocabulario), axudándonos do que cada un puxera no exercicio.
O tercer día da tarefa gravamos as voces en off do vídeo. Levounos máis tempo do esperado, pois as persoas que tiñamos que gravar a parte da Prágmatica Sanción non podíamos parar de rir por unha parte do texto. Polo que, ao final, nós nos encargamos de gravar o audio do capítulo "Alfonso XII. Un Pipiolo Restaurador".
O último día de traballo en clase do proxecto, o venres 4 de marzo, avanzamos na creación do vídeo deixando as imaxes colocadas no momento en que tiñan que aparecer. Quedamos en que os meus compañeiros/as facilitaríanme o material que precisara para eu terminar o vídeo hoxe.
Creo que o produto final quedou bastante ben, aínda que dura un chisquiño máis do que esperabamos, pero creo que non se fai demasiado pesado para o que é, un vídeo de historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario